Co obxecto de realizar a convocatoria de autorización de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2019/20, esta dirección xeral resolve anunciar:
Primeira. Que a regulación e convocatoria de incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/20 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/portal.
Segunda. Que os centros que desexen impartir o programa de seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.
Terceira. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2019.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa