Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21259

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2019 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión coa Fundación Semana Verde de Galicia (FSV) para que poña á disposición da Dirección Xeral da Función Pública os espazos precisos e os traballos de apoio necesarios para organizar probas de acceso a distintos corpos da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Facenda á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

Actividade: esta encomenda ten por obxecto que a Fundación Semana Verde de Galicia poña á disposición da Dirección Xeral da Función Pública os espazos precisos e lle preste os traballos de apoio necesarios (vixilancia, limpeza, uso de megafonía...) para realizar nas datas que se indican a continuación probas correspondentes aos procesos selectivos para o acceso aos seguintes corpos:

13 de abril de 2019:

– Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (horario de mañá).

– Proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (horario de tarde).

14 de abril de 2019:

– Proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (horario de mañá)

– Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (horario de tarde).

7 de maio de 2019:

– Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (horario de tarde).

Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Orzamento: 221.108,60 €. O gasto imputarase á aplicación orzamentaria 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2019.

Prazo de execución: 13 e 14 de abril e 7 de maio de 2019.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda