Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-12715 e seis máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, teráselles por notificados.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 2 de abril de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/PO-12715

35402834S

Aceptación da renuncia e arquivamento

21.1.2019

BS210A/PO-17098

34951093V

Resolución por falecemento e arquivamento

26.10.2018

BS210A/VI-33157

45230723G

Resolución por falecemento e arquivamento

5.2.2019

BS210A/VI-36410

36012442P

Aceptación da renuncia e arquivamento

19.2.2019

BS210A/PO-37592

35419468C

Aceptación da renuncia e arquivamento

11.2.2019

BS210A/VI-43454

35960469S

Resolución por falecemento e arquivamento

5.2.2019

BS210A/VI-52413

35931021F

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento

3.1.2019