De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, teráselles por notificados.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 3 de abril de 2019
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento/Nº de expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
BS210A/VI-40914 |
35812416J |
Resolución por falecemento e arquivamento |
5.2.2019 |
BS210A/VI-47431 |
35866545T |
Revisión da resolución de aprobación do PIA |
19.11.2018 |
BS210A/VI-60900 |
35926753V |
Resolución de aprobación do PIA |
29.1.2019 |
BS210A/VI-68908 |
35492982A |
Resolución de recoñecemento |
9.1.2019 |