Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21423

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2019 pola que se seleccionan os proxectos de hubs de innovación dixital que contribúan ao avance da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), convocadas pola Resolución do 4 de decembro de 2018.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 4 de decembro de 2018 (DOG núm. 240, do 18 decembro) pola que se aprobaban as bases reguladoras e convocatoria para a selección de proxectos de hubs de innovación dixital que contribúan ao avance da Estratexia de especializaicón intelixente de Galicia (RIS3).

O artigo 5 desta convocatoria e bases reguladoras establece os requisitos mínimos e criterios de selección que deben cumprir os solicitantes para cada proxecto de hub que solicite o recoñecemento do seu carácter estratéxico para Galicia.

A comisión de selección prevista no artigo 9 da convocatoria emitiu un informe coas propostas para obter o recoñecemento de proxectos de hubs estratéxicos para Galicia, tendo en conta os informes de valoración emitidos polos avaliadores.

No artigo 13 da convocatoria regúlase a resolución e notificación deste procedemento unha vez que a comisión de selección emita un informe no cal se seleccionen as solicitudes de acordo coa valoración realizada polo comité técnico.

De acordo con isto,

RESOLVO:

A declaración das seguintes propostas como hub de carácter estratéxico para Galicia:

• Fundación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), co proxecto GALICIAFOFHUB.

• Asociación Bioga-Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, co proxecto DiH DATALIFE.

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación