Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21622

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 29 de xaneiro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

En virtude da Resolución do 29 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

Posteriormente, a persoa aspirante que a seguir se relaciona foi nomeada funcionaria de carreira do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, mediante a Orde do 11 de outubro de 2018 (DOG núm. 203, do 24 de outubro), polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír da relación definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

***0053**

Feijoó Carrera, Alexandra

Segundo. Incluír a dita persoa aspirante na relación definitiva de aspirantes excluídos no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, polo motivo 44 (xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta).

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública