De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de reintegro nos correspondentes expedientes de subvención.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren pertinente, entre a cal debe constar unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non presentaren alegacións en tempo e forma, se ditará a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.
A Coruña, 17 de abril de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
TR349A 2013/282-1 |
Xeibra Xestión de Proxectos Sociais, Educativos e Culturais,S.L. |
B70378757 |
A Coruña |
Subvención á contratación indefinida inicial |
6.3.2019 |
TR349A 2013/287-1 |
De Acacia y Olivo, S.L. |
B15724834 |
Arteixo |
Subvención á contratación indefinida inicial |
6.3.2019 |