Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dous predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Tomiño, provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron realizar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e ao seren descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2019/29-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 17 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Lugar

Referencia catastral

Concello

Pereiro

36054A059000080000EL

Tomiño

Cabreira

36054A059002730000EO

Tomiño