Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 1 de abril de 2019 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Rapa II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Rapa II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 13 de marzo de 2019, María Dolores Paz Suárez solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Rapa II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Elisardo Paz Suárez (***5023**), María José González Paz (***7430**), María Dolores Paz Suárez (***7022**) e César Paz Suárez (***7022**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rapa II.

Situación:

Cuadrícula nº: 6.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 7.9.1970.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Ramón Paz Suárez (***2214**), Elisardo Paz Suárez (***5023**) e María José González Paz (***7430**).

Novos titulares: Elisardo Paz Suárez (***5023**), María José González Paz (***7430**), María Dolores Paz Suárez (***7022**) e César Paz Suárez (***7022**).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de abril de 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo