Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 1 de abril de 2019 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Justo III, Manchado, Mejimar I e Porto.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Justo III, Manchado, Mejimar I e Porto e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Tras os escritos do 2 de agosto de 2012, por instancia de Carmen Barral Galiñanes, en representación da comunidade de herdeiros de José Meis Lois, tramitáronse os expedientes de transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Justo III, Manchado, Mejimar I e Porto. En ausencia de testamento e para os efectos da identificación das persoas con dereitos hereditarios, a interesada achegou declaración de herdeiros ab intestato do causante.

Segundo. Mediante a Orde do 10 de setembro de 2012 (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro de 2013), autorizouse a transmisión mortis causa das devanditas bateas e concesións administrativas a favor de Carmen Barral Galiñanes (***1213**), María Zulema Meis Barral (***6168**), María Lorena Meis Barral (***6168**), Fabián Meis Barral (***6701**), Ángeles Meis Barral (***0072**) e Rodri Meis Barral (***0572**).

Terceiro. Mediante o Auto núm. 73/2017, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, do 28 de abril de 2017, relativo á liquidación da sociedade de gananciais núm. 321/2014, acordouse homologar a transacción xudicial solicitada polas partes, e adxudicáronse a Carmen Barral Galiñanes as bateas Manchado e Mejimar I, e aos herdeiros de José Meis Lois as bateas Justo III e Porto.

Cuarto. En escritura núm. 2166 de aceptación e adxudicación da herdanza de José Meis Lois, formalizada o 26 de novembro de 2018 ante o notario de Sanxenxo, Jorge Eduardo da Cunha Rivas, outorgouse a Fabián Meis Barral a metade indivisa da batea Justo III, a Rodri Meis Barral a metade indivisa da batea Justo III e a María Zulema Meis Barral o pleno dominio da batea Porto. Esta adxudicación foi homologada no Auto núm. 159/2018, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, do 17 de decembro de 2018, con orixe no procedemento de división de herdanza núm. 344/2017, tramitado nese mesmo xulgado.

Quinto. Mediante escritos do 4 de marzo de 2019, Fabián Meis Barral, Rodri Meis Barral, Carmen Barral Galiñanes e María Zulema Meis Barral solicitaron autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Justo III, Manchado, Mejimar I e Porto.

Sexto. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Sétimo. Os informes do Servizo de Protección de Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas dirección xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistos os antecedentes, as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Primeiro. Revogar e deixar sen efecto a Orde do 10 de setembro de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Justo III, Manchado, Mejimar I e Porto.

Segundo. Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Fabián Meis Barral (***6701**) e Rodri Meis Barral (***0572**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Justo III.

Situación:

Cuadrícula nº: 82.

Polígono: G.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.6.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Meis Lois (***7110**) e Carmen Barral Galiñanes (***1213**).

Novos titulares: Fabián Meis Barral (***6701**) e Rodri Meis Barral (***0572**).

Terceiro. Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Carmen Barral Galiñanes (***1213**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Manchado.

Situación:

Cuadrícula nº: 38.

Polígono: C.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 2.2.1981.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Meis Lois (***7110**) e Carmen Barral Galiñanes (***1213**).

Nova titular: Carmen Barral Galiñanes (***1213**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mejimar I.

Situación:

Cuadrícula nº: 48.

Polígono: H.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 10.1.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Meis Lois (***7110**) e Carmen Barral Galiñanes (***1213**).

Nova titular: Carmen Barral Galiñanes (***1213**).

Cuarto. Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Zulema Meis Barral (***6168**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Porto.

Situación:

Cuadrícula nº: 88.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 18.2.1977.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Meis Lois (***7110**) e Carmen Barral Galiñanes (***1213**).

Nova titular: María Zulema Meis Barral (***6168**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de abril de 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo