Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21545

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 26 de abril de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para o ano 2019 (código de procedemento MT300A) (Diario Oficial de Galicia número 16, do 23 de xaneiro de 2019).

A Orde do 21 de decembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 16, do 23 de xaneiro de 2019, establece as bases reguladoras e convoca subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para o ano 2019 (código de procedemento MT300A).

O artigo 4.1 da orde establece o crédito destinado para as axudas cun importe total de dous millóns catrocentos corenta e seis mil catrocentos euros (2.446.400 euros), distribuídos nas seguintes anualidades: 2019: 822.5000 euros e 2020: 1.623.900 euros.

O artigo 5 prevé a ampliación de crédito e sinala que existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; neste caso, o órgano concedente procederá a publicala nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito polo que cómpre, mediante esta orde, incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións dada a existencia de remanentes de créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Crédito

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para o ano 2019 (código de procedemento MT300A) (DOG núm. 16, do 23 de xaneiro de 2019).

2. O incremento da dotación será de 273.597,29 euros para a anualidade de 2019, con cargo á aplicación orzamentaria 2019 07 04 521A 7620 (proxecto 2015 00235), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Unha vez efectuado este incremento, o importe total da dotación orzamentaria previsto ascende a 1.096.097,29 euros para a anualidade de 2019 e 1.623.900 euros para a anualidade de 2020.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda