Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21634

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4058/2018).

Tipo e número de recurso: 4058/2018 IP

Xulgado de orixe: procedemento ordinario 865/2015

Recorrente: María Dolores Costa Espiñeira

Avogado: Rubén Aguilar Bello

Recorrido: Fogasa, Eximfood Noroeste, S.L., Disalsa Alimentación, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección núm. 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fai saber que no procedemento recurso suplicación 4058/2018 desta sección, seguido por instancia de María Dolores Costa Espiñeira contra Fogasa, Eximfood Noroeste, S.L., Disalsa Alimentación, S.L., sobre reclamación cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decido

Que desestimando o recurso de suplicación presentado polo letrado Rubén Aguilar Belo, actuando en nome e representación de María Dolores Costa Espiñeira, interposto contra a sentenza de data doce de xaneiro de dous mil dezaoito, ditada en autos 865/2015 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, seguidos por instancia da recorrente contra as empresas Eximfood Noroeste, S.L., Disalsa Alimentación, S.L., e sendo parte o Fogasa, debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada. Sen custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co núm. 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Disalsa Alimentación, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza