Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21633

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2019 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Zooloxía a Luis José Fernández Rodríguez.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 26 de decembro de 2018 (BOE do 29 de xaneiro de 2019), para a provisión da praza número 18/049 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Zooloxía, Departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de Luis José Fernández Rodríguez, con DNI número ***0817**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis José Fernández Rodríguez catedrático de universidade da área de coñecemento de Zooloxía, Departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de abril de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña