Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21632

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2019 pola que se integra a Julia María Janeiro Arocas, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada por Julia María Janeiro Arocas, con DNI número ***4409**, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Enfermaría, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade, e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integrala no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Enfermaría, con efectos económicos e administrativos do 22 de abril de 2019.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de abril de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña