Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 22013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se empraza as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, co procedemento abreviado 112/2019.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 112/2019 (procedemento abreviado), interposto por Lorena Sanmartín Fenollera frente á Resolución do 23 de outubro de 2018, da Dirección xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (especialidade: Análises Clínicas) (DOG núm. 208, do 31 de outubro) e fronte á Resolución do 8 de xaneiro de 2019 da directora xeral de Recursos Humanos, desestimatoria do recurso potestativo de reposición interposto fronte á citada Resolución do 23 de outubro.

A recorrente non está dacordo coa puntuación acadada no parágrafo de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos