Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21861

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020.

BDNS (Identif.): 452536.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire a presente convocatoria as entidades que, na data de entrada en vigor desta orde, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitado a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto e ámbito de aplicación

Con esta orde procédese á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través das súas xefaturas territoriais, para os exercicios 2019 e 2020 (procedemento TR301K).

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras establécense na Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020.

Cuarto. Importe

A esta convocatoria destínase un crédito por importe total de 36.000.000 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes, co código de proxecto 2013 00545.

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Anualidade 2019

Anualidade 2020

Importe total

09.41.323A.460.1

2013 00545

600.000 €

2.130.000 €

2.730.000 €

09.41.323A.471.0

2013 00545

3.600.000 €

21.870.000 €

25.470.000 €

09.41.323A.481.0

2013 00545

1.800.000 €

6.000.000 €

7.800.000 €

Total

6.000.000 €

30.000.000 €

36.000.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día da súa entrada en vigor. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa entrada en vigor. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria