Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 22017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de xestión de biomasa por prevención de incendios forestais.

Asunto: aviso-condicións de prevención e defensa contra os incendios, salubridade, seguridade e ornato en finca.

Expediente: Biom000025_2019-4.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, para os efectos de garantir o trámite da notificación, publícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:

O obxectivo prioritario e fundamental da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada a raíz dos tráxicos incendios acontecidos no mes de outubro de 2017, é o de incidir na protección das persoas e bens fronte aos incendios forestais.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, prevé a obriga de conservar os inmobles en adecuadas condicións de seguridade, salubridade e ornato.

Ao predio de referencia catastral 15074A008004930000KJ, localizado no lugar de Redaira, Ribeira, aplícanselle os criterios previstos para as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.

Con respecto ao predio referido, apreciouse que se incumpren as condicións de prevención e defensa contra os incendios forestais recollidas na normativa aplicable con respecto a solo urbano ou de núcleo rural, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e outras instalacións. Na parcela hai abundante vexetación accesoria de especies non permitidas e arboredo de especies non permitidas.

Este concello ten competencias en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais nas faixas secundarias de protección, de conformidade co previsto na propia Lei 3/2007, do 9 de abril, e en materia de disciplina urbanística.

Segundo información obtida da consulta efectuada na listaxe IBI, a titularidade do predio referido correspóndelle a Josefa Reiriz Dios. Descoñécense os datos de domicilio para os efectos de notificación, polo que resulta necesario publicar no Boletín Oficial del Estado o presente aviso.

Consideracións sobre a normativa aplicable ao seu caso:

A. Prevención e defensa contra os incendios:

1. A Lei 3/2007, do 9 de abril, no ámbito municipal, establece unhas condicións de prevención específicas para as denominadas «redes secundarias de faixas de xestión de biomasa», cuxa función prioritaria é a protección dos núcleos poboacionais, as infraestruturas, os equipamentos sociais, as zonas edificadas, os parques e os polígonos industriais (artigo 20.4 da lei.)

2. Nas «redes secundarias de faixas de xestión de biomasa» é obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situados a menos de 400 metros do monte, e ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados na lei e na súa normativa de desenvolvemento. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada no número anterior non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da lei (piñeiros, eucaliptos e acacias). As distancias mediranse, segundo os casos: a) Desde o límite do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable. b) Desde os paramentos exteriores das edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, ou os límites das súas instalacións anexas. c) Desde o límite das instalacións no caso dos depósitos de lixo, gasolineiras e parques e instalacións industriais. d) Desde o peche perimetral no caso dos campamentos (artigo 21 da lei.)

No caso das edificacións ou instalacións que non conten co preceptivo título habilitante urbanístico ou que se executasen incumprindo as condicións sinaladas naquel, a responsabilidade da xestión da biomasa vexetal correspóndelle á persoa propietaria dos terreos edificados, que disporá dunha servidume de paso forzosa para acceder á faixa establecida. Este acceso levarase a cabo durante o tempo estritamente necesario para o labor de xestión da biomasa polo punto menos prexudicial ou incómodo para os terreos gravados e, de ser compatible, polo máis conveniente para a persoa beneficiaria. A retirada de especies arbóreas realizarana as persoas propietarias delas. O cumprimento das obrigas a que se refire este número enténdese sen prexuízo do dereito das persoas titulares do dereito de aproveitamento dos terreos gravados pola servidume de paso forzosa ou das persoas propietarias das árbores retiradas a reclamar da persoa propietaria dos terreos edificados, na vía xurisdicional que corresponda, a correspondente indemnización polos danos e perdas sufridos, incluído o lucro cesante (artigo 21 ter 2 da lei).

3. No solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, aplicaranse subsidiariamente os criterios establecidos nos artigos 20 bis, 21, 21 ter, 22 e 23, salvo aprobación específica de ordenanza municipal ou en defecto dela, que poderá elaborarse de conformidade co artigo16 da lei (artigo 21 ter 3 da lei.)

4. Traballos que realizarán os titulares/responsables dos terreos:

Franxa

Traballos de xestión

De 0 a 15 m (*)

Eliminación de todo tipo de vexetación herbácea, arbustiva e arbórea.

De 15 a 50 m (*)

Estrato arbustivo e herbáceo:

– Eliminación total da vexetación seca (vexetación arbustiva e herbácea seca) e eliminación total da vexetación arbustiva e herbácea existente na parcela (ata 20 cm).

Estrato arbóreo:

– Corta das árbores de especies non permitidas na franxa dos 50 m (piñeiros, eucaliptos...).

– En todo caso poderán conservarse outras especies arbóreas (carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, sobreiras...) nas condicións que sinala a normativa (masas mixtas e distanciadas 7 m entre elas, árbores de 0-11,4 m poda ata 1/3 da altura, árbores >11,4 m poda mínimo 4 m).

(*) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións...

5. Procedemento para a xestión da biomasa:

As persoas que resulten responsables conforme o artigo 21 ter realizarán a execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano. A xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas realizarase conforme os criterios establecidos mediante orde da consellería competente en materia forestal (artigo 22.1 da lei).

No suposto de incumprimento do establecido na norma, a Administración pública competente, de oficio ou por solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación na cal se lle lembrará a súa obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas e se lle concederá para facelo un prazo máximo de quince días naturais, contado desde a recepción da comunicación (artigo 22.2 da lei).

Transcorridos os prazos sinalados sen que a persoa responsable xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, a Administración pública competente poderá realizar a execución subsidiaria, atendendo ás necesidades de defensa contra os incendios forestais, especialmente respecto da seguridade nas zonas de interface urbano-forestal, sen prexuízo da repercusión dos custos da xestión da biomasa á persoa responsable. Os custos poderán liquidarse provisionalmente de maneira anticipada, incluso na comunicación ou aviso, e realizarse a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa, sen prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria (artigo 22.4 da lei).

A competencia para efectuar as comunicacións e tramitar os procedementos de execución subsidiaria regulados neste artigo correspóndelles ás entidades locais nos casos de incumprimento do disposto no artigo 21 (artigo 22.7 da lei).

O incumprimento das obrigas que esta lei establece por parte da persoa propietaria do terreo implicará o incumprimento da función social da propiedade e será causa de expropiación forzosa por interese social, no caso de que os custos acumulados da execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa que a Administración actuante asumise con cargo ao seu orzamento, e que non lle poida repercutir a aquela por descoñecerse a súa identidade, superen o valor catastral da parcela (artigo 22.9 da lei).

Para eliminar os restos vexetais suxírese a trituración in situ, sempre e cando sexa viable, ou a retirada e xestión segundo a normativa aplicable. Non se permite a acumulación de restos vexetais secos que poidan incrementar o risco de incendio.

B. Normativa urbanística:

– Condicións de seguridade, salubridade e ornato público: o artigo 135.1.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón que os propietarios de toda clase de terreos, construcións, edificios e instalacións deberán conservalos nas condicións legais para servir de soporte aos ditos usos e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente exixibles.

Comunicación:

Atendendo ao exposto, de conformidade co previsto no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, lémbrolle a súa obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (piñeiros, eucaliptos, acacias) na franxa de 50 m perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións...

Prazo máximo para realizar os traballos: quince (15) días naturais.

Advírteselle que, no caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o dito prazo, poderá procederse á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Lémbrolle tamén a obriga de efectuar anualmente os traballos necesarios para dar cumprimento á normativa aplicable.

Ribeira, 11 de abril de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde