Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22531

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

LEI 2/2019, do 9 de maio, pola que se concede un suplemento de crédito para o reforzo de actuacións prioritarias para o ano 2019.

Exposición de motivos

A senda de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira seguida por esta comunidade autónoma durante os últimos anos amosa a súa continuidade coa información remitida ao Ministerio de Facenda sobre o peche con capacidade de financiamento do exercicio orzamentario 2018. Estas circunstancias permiten realizar durante os primeiros meses de 2019 unha serie de operacións de reordenación do endebedamento do sector público autonómico que, ademais de xerar aforros nas cargas fiscais futuras, van posibilitar unha serie de dispoñibilidades crediticias que habilitan a realización de investimentos adicionais dirixidos a reforzar actuacións cuxo carácter prioritario xa prevían os orzamentos de 2019.

As devanditas dispoñibilidades xorden da reorientación das aplicacións de gasto non financeiro dedicadas a amortizar o principal das débedas de SPI, S.A. e Xestur, S.A. Son estes recursos adicionais os que financian as actuacións de reforzo recollidas no articulado desta lei.

O artigo 62 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, establece que cando deba realizarse algún gasto con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma que non poida demorarse ata o exercicio seguinte e non exista crédito nos estados de gastos, ou sexa insuficiente e non ampliable o consignado, o conselleiro de Facenda, co informe previo da dirección xeral competente en materia de orzamentos, someterá ao acordo da Xunta, para a súa remisión ao Parlamento, un proxecto de lei de concesión dun crédito extraordinario no primeiro caso ou dun suplemento de crédito no segundo, no que se especificarán necesariamente os recursos con que se financiará o gasto xerado por estas causas, e o detalle do concepto orzamentario que se debe crear ou que é suplementado.

Perante a necesidade de crédito adicional, nas seccións 04 «Presidencia da Xunta de Galicia», 10 «Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional», 12 «Consellería de Sanidade», 13 «Consellería de Política Social» e 14 «Consellería do Medio Rural», que permitan financiar as actuacións que a seguir se describen, e dada a imposibilidade de financialas con transferencias orzamentarias, nin de ter os correspondentes créditos consignados nos orzamentos a consideración de crédito ampliable consonte o disposto no artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no artigo 7 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, cómpre impulsar esta lei de suplemento de crédito.

A modificación orzamentaria que se aproba garante o cumprimento da normativa financeira e das regras fiscais ás que están suxeitas as finanzas da Comunidade Autónoma, na medida en que non supón un aumento dos créditos do orzamento consolidado.

No que atinxe ao destino dos créditos suplementados, a maior parte das actuacións afectan políticas de gasto social, que se complementan cun financiamento adicional para infraestruturas forestais preventivas.

As actuacións vinculadas ao gasto social pódense clasificar en tres grandes grupos.

No primeiro grupo atópanse as actuacións en materia de educación, que pivotan nunha dobre vertente:

Por unha banda, a execución de obras de eficiencia enerxética e modernización de edificios educativos, consonte a actualización, aprobada o pasado mes de xaneiro, do Plan de infraestruturas educativas 2016-2021. Estas actuacións deben realizarse antes do comezo do curso escolar 2019-2020 e desenvolverse en período non lectivo, e recollen actuacións en catorce colexios de educación infantil e primaria, seis institutos de educación secundaria e dous centros públicos integrados.

Por outra banda, para engadir centros adicionais nunha nova edición do Plan E-Dixgal, que permitirá avanzar na dixitalización do alumnado galego, ao que se dedicará un investimento de 6,5 millóns de euros en total coa incorporación da dotación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional correspondente.

No segundo grupo atópanse as actuacións previstas no eido da sanidade, que atinxen de xeito especial o impulso cara a un novo modelo de atención primaria, baseado en equipos multidisciplinares, cun enfoque renovado da interrelación entre os profesionais e entre estes e a comunidade, que debe dar solución tanto á patoloxía aguda como á maior parte da patoloxía crónica, converténdose en piar fundamental para promover a saúde e previr a enfermidade, liderando para isto os proxectos de saúde comunitaria que se definan.

A presente norma achega os recursos financeiros do primeiro ano do Plan de Atención Primaria 2019-2021 do Sergas. Estes recursos abranguen actuacións de reforzo do gasto de funcionamento, tales como:

– O aumento de prazas de persoal e financiamento de nomeamento de continuidade en primaria.

– A mellora das dotacións de equipamento dos centros de primaria e un plan de construción, ampliacións e melloras de sete centros de atención primaria.

Por último, tamén se recollen recursos adicionais para atención especializada polo miúdo para reforzar o equipamento hospitalario e para o financiamento do transporte sanitario urxente con novos servizos e de máis calidade.

O terceiro grupo son actuacións de mellora e eficiencia enerxética, que tamén requiren a súa realización no período de verán, das instalacións dos centros de política social, tanto as referentes ás escolas infantís e centros de menores, como residencias, centros de maiores e sociocomunitarios, centros de atención a persoas con discapacidade e centros ocupacionais, e algunha actuación puntual en centros de xuventude.

Finalmente, recóllense actuacións infraestruturais no medio rural de carácter prioritario. Estas impulsarán as medidas recollidas o pasado mes de setembro no ditame da Comisión de Estudo da Política Forestal, Prevención e Extinción de Incendios do Parlamento de Galicia.

Na medida en que as operacións financeiras que habilitan as dispoñibilidades crediticias se atopan en entes instrumentais do sector público autonómico, tamén se ten en conta a adaptación dos orzamentos de explotación e capital da SPI, S.A. e Xestur, S.A., que eliminan o endebedamento do seu balance. Así mesmo, prevese a modificación dos orzamentos dos entes instrumentais destinatarios dos recursos suplementados.

Pechan a lei dúas disposicións derradeiras que regulan, respectivamente, a habilitación normativa e a entrada en vigor.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei, a Lei pola que se concede un suplemento de crédito para o reforzo de actuacións prioritarias para o ano 2019.

Artigo 1. Suplemento de crédito en políticas de gasto en educación

1. Concesión dun suplemento de crédito no orzamento da sección 04 «Presidencia da Xunta de Galicia», no servizo 01 «Secretaría Xeral da Presidencia» e no servizo A1 «Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia», por un importe total de 1.300.000 euros.

2. Concesión dun suplemento de crédito no orzamento da sección 10 «Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional», no servizo 10 «Secretaría Xeral Técnica», por un importe total de 21.383.741 euros.

3. O detalle das aplicacións orzamentarias que corresponden a este suplemento recóllese nas dotacións do anexo I.

Artigo 2. Suplemento de crédito en políticas de gasto sanitario

1. Concesión dun suplemento de crédito no orzamento da sección 12 «Consellería de Sanidade», no servizo 01 «Secretaría Xeral Técnica» e no servizo 80 «Servizo Galego de Saúde», por un importe total de 16.150.780 euros.

2. O detalle das aplicacións orzamentarias que corresponden a este suplemento recóllese nas dotacións do anexo II.

Artigo 3. Suplemento de crédito en políticas de acción social e promoción social

1. Concesión dun suplemento de crédito no orzamento da sección 13 «Consellería de Política Social», no servizo 01 «Secretaría Xeral Técnica», por un importe total de 6.167.554 euros, dos que 379.618 euros aumentan os orzamentos do servizo A1 «Axencia Galega de Servizos Sociais».

2. O detalle das aplicacións orzamentarias que corresponden a este suplemento recóllese nas dotacións do anexo III.

Artigo 4. Suplemento de crédito en políticas de actuacións e valorización do medio rural

1. Concesión dun suplemento de crédito no orzamento da sección 14 «Consellería do Medio Rural», no servizo 02 «Dirección Xeral de Ordenación Forestal», por un importe total de 3.000.000 euros.

2. O detalle das aplicacións orzamentarias que corresponden a este suplemento recóllese nas dotacións do anexo IV.

Artigo 5. Financiamento dos suplementos de crédito

Os suplementos de crédito que se conceden nos artigos anteriores financiaranse, en termos consolidados, con retencións de crédito de non dispoñibilidade e posterior baixa nas aplicacións orzamentarias que se detallan no anexo V.

Artigo 6. Modificación dos orzamentos de explotación e capital da Sociedade Publica de Investimentos, S.A., Xestur, S.A. e Fundación Pública Sanitaria 061

1. Os órganos de administración da Sociedade Pública de Investimentos, S.A. e da Sociedade Xestur, S.A. adaptarán os seus orzamentos de explotación e capital en función do disposto nesta lei.

2. O Padroado da Fundación Pública Sanitaria 061 adaptará os seus orzamentos de explotación e capital en función do disposto nesta lei.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Autorízase a consellaría competente en materia de facenda para que dite as normas precisas para a execución do disposto nesta lei.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de maio de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

ANEXO I

REFORZO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE EDUCACIÓN

Entidade

Sección

Servizo

Programa

Concepto

Explicación

Importe

1- Xunta de Galicia

04

10

421A

73200

PROXECTO EDUCACIÓN DIXITAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

1.300.000

1- Xunta de Galicia

10

10

422A

6221

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA E MODERNIZACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

14.031.173

1- Xunta de Galicia

10

10

422M

6221

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA E MODERNIZACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

7.352.568

TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL

22.683.741

303- Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

04

A1

421A

6260

PROXECTO EDUCACIÓN DIXITAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

1.300.000

TOTAL AXENCIAS PÚBLICAS

1.300.000

TOTAL ORZAMENTO BRUTO

23.983.741

TOTAL TRANSFERENCIAS INTERNAS

-1.300.000

TOTAL CONSOLIDADO

22.683.741

ANEXO II

REFORZO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE

Entidade

Sección

Servizo

Programa

Concepto

Explicación

Importe

1- Xunta de Galicia

12

01

411A

43007

TRANSFERENCIA CORRENTE SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

5.010.4035

1- Xunta de Galicia

12

01

411A

73007

TRANSFERENCIA DE CAPITAL SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

11.140.377

TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL

16.150.780

103- Servizo Galego de Saúde

12

80

412B

12000

AUMENTO DE PRAZAS DE PERSOAL ATENCIÓN PRIMARIA

1.556.358

103- Servizo Galego de Saúde

12

80

412B

13100

NOMEAMENTO DE CONTINUIDADE EN ATENCIÓN PRIMARIA

2.049.795

103- Servizo Galego de Saúde

12

80

412B

6212

EQUIPAMENTOS, MAQUINARIA E MOBILIARIO CENTROS DE ATENCIÓN PRIMARIA

8.591.000

103- Servizo Galego de Saúde

12

80

412B

6311

PLAN DE REFORMA, AMPLIACIÓN E MELLORAS CENTROS ATENCIÓN PRIMARIA

453.627

103- Servizo Galego de Saúde

12

80

412A

6212

EQUIPAMENTOS, MAQUINARIA E MOBILIARIO CENTROS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA

2.095.750

103- Servizo Galego de Saúde

12

80

412A

44312

URXENCIAS SANITARIAS 061 REFORZO AMBULANCIAS

1.404.250

TOTAL ORGANISMOS AUTÓNOMOS

16.150.780

TOTAL ORZAMENTO BRUTO

32.301.560

TOTAL TRANSFERENCIAS INTERNAS

-16.150.780

TOTAL CONSOLIDADO

16.150.780

ANEXO III

REFORZO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE POLÍTICA SOCIAL

Entidade

Sección

Servizo

Programa

Concepto

Explicación

Importe

1- Xunta de Galicia

13

01

311A

6231

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DOS CENTROS SERVIZOS SOCIAIS

268.000

1- Xunta de Galicia

13

01

311A

6321

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DOS CENTROS SERVIZOS SOCIAIS

4.215.000

1- Xunta de Galicia

13

01

311A

6331

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DOS CENTROS SERVIZOS SOCIAIS

1.304.936

1- Xunta de Galicia

13

02

312B

73213

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DOS CENTROS SERVIZOS SOCIAIS

379.618

TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL

6.167.554

307- Axencia Galega de Servizos Sociais

13

A1

312B

6321

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DAS ESCOLAS INFANTÍS

323.474

307- Axencia Galega de Servizos Sociais

13

A1

312B

6331

ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DAS ESCOLAS INFANTÍS

56.144

TOTAL AXENCIAS PÚBLICAS

379.618

TOTAL ORZAMENTO BRUTO

6.547.172

TOTAL TRANSFERENCIAS INTERNAS

-379.618

TOTAL CONSOLIDADO

6.167.554

ANEXO IV

REFORZO INFRAESTRUTURA, EQUIPAMENTO E PREVENCIÓN

Entidade

Sección

Servizo

Programa

Concepto

Explicación

Importe

1- Xunta de Galicia

14

02

551B

6401

INFRAESTRUTURA RURAL EQUIPAMENTO E PREVENCIÓN DE INCENDIOS

2.000.000

1- Xunta de Galicia

14

02

551B

601

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

1.000.000

TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL

3.000.000

TOTAL CONSOLIDADO

3.000.000

ANEXO V

BAIXAS DE CRÉDITO

Entidade

Sección

Servizo

Programa

Concepto

Explicación

Importe

1- Xunta de Galicia

04

40

441A

6229

OBRAS POR MANDATO A SPI

500.000

1- Xunta de Galicia

05

21

121A

6229

OBRA NOVA POR MANDATO A SPI

2.824.570

1- Xunta de Galicia

07

01

451A

73005

INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO

12.677.505

1- Xunta de Galicia

08

01

512B

73204

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

32.000.000

TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL

48.002.075

201- Instituto Galego da Vivenda e Solo

07

83

531A

8540

ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS DE SOCIEDADES PÚBLICAS AUTONÓMICAS

12.677.505

302- Axencia Galega de Infraestruturas

08

A1

512B

6009

OBRA NOVA POR MANDATO A SPI

32.000.000

TOTAL AXENCIAS PÚBLICAS E ORGANISMOS AUTÓNOMOS

44.677.505

TOTAL ORZAMENTO BRUTO

92.679.580

TOTAL TRANSFERENCIAS INTERNAS

44.677.505

TOTAL CONSOLIDADO

48.002.075