Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DSP 959/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento 959/2018, seguido por instancia de Azucena López Fraga contra Marisa-Arteixo, S.L., Confecciones Fíos, S.A., administrador concursal de Marisa-Arteixo, S.L. e Fogasa, sobre despedimento improcedente, se ditou a Sentenza 191/2019, con data do 5 de abril, pola que se desestima a demanda, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en forma a Marisa-Arteixo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza