Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 349/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 349/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Fernández Reigosa contra a entidade Miana Operadores de Transportes, S.L., a súa administración concursal, que recae en Mauro Antonio Puga Martínez, Lavados A Devesa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, estimando a demanda interposta por Antonio Fernández Reigosa contra a empresa Miana Operador de Transporte, S.L., administración concursal que recae en Mauro Antonio Puga Martínez, Lavados A Devesa, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Ministerio Fiscal, declaro resolto, con data da presente resolución, o contrato que vinculaba o demandante coas empresas demandadas, e condénoas a lle aboar, en concepto de indemnización, a cantidade de 5.480,37 euros. Xunto á dita cantidade as demandadas deben aboar ao demandante a suma de 20.664,60 euros correspondentes aos salarios deixados de percibir e pagas extras, así como, estimando a demanda de despedimento, condeno as demandadas ao pagamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento declarado improcedente ata a presente sentenza, a razón de 45,29 euros diarios, máis os xuros de mora correspondentes ás ditas cantidades. Ademais, condénase as demandadas ao pagamento das custas, co límite legal de 600 euros relativos aos honorarios da letrada.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que legalmente compete ao Fogasa.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que deberá resolver a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso, deberase achegar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, número 2322-0000-65-0349-18, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento dunha cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, 2322-0000-60-0349-18, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro no primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario o Xulgado do Social número 1 de Lugo e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtese, ademais, as partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, de ser o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para efectos de notificacións, en cumprimento do disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Lavados A Devesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza