Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 26/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 26/2018, seguido por instancia de Mónica Juviño Prego contra Lema Distribuciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 13 de febreiro de 2019, polo cal se declarou o executado en situación de insolvencia provisional e se acordou o arquivamento das actuacións, contra o cal cabe interpor recurso directo de revisión, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao representante legal Lema Distribuciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza