Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de decreto (ETX 62/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2018, seguido por instancia de Manuel Antonio Juncal González contra Iberian Soul sobre reclamación de cantidade, foi ditado Decreto do 9 de abril de 2019 polo que se declarou o executado en situación de insolvencia provisoria e acordouse o arquivamento das actuacións, contra o cal se pode interpor recurso directo de revisión no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma ao representante legal de Iberian Soul, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza