Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22660

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra.

Con data do 15 de marzo de 2019 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

Tras a avaliación efectuada, de conformidade co disposto no artigo 12.5 in fine, a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas, elevada pola persoa titular do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, farase pública o día 10 de maio de 2019 e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas, que poderá consultarse na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Segundo. As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos 6 días posteriores á data da exposición pública da dita relación provisional.

Vigo, 9 de maio de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo da Consellería de Política Social