Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2019/29-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforzo da LMTA ROS803, no tramo ROS8030116.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 886 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-250/11 da LMT Acevedo-Cog.Lac. Val do Tamuxe, no tramo ROS8030116, e final no apoio proxectado C-14/1000. A instalación está situada no lugar de Vilar, concello de Tomiño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual. No mencionado prazo poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Adicionalmente, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto estará dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

Reforzo da LMTA ROS803 no tramo ROS8030116.

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

m2 sub.

1

Agrario

Manuel Calzado Domínguez

1

1.44

2

Agrario

Concello de Tomiño

2

1.44

11.48

3

Agrario

Margarita Lorenzo González

3

1.44

4

Agrario

Julio Pereira Martínez

4

1.44

5

Agrario

Enrique Casaldeiro Gavín

5

1.44

6

Agrario

Gonzalo González Giráldez

6

1.44

7

Agrario

Descoñecido

7

1.44