Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 34272258G/13/12/2018/2.1.E.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante a oficina de emprego Ourense-A Ponte, situada na rúa San Francisco Blanco, 2, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselle a persoa interesada que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 17 de abril de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 34272258G/13/12/2019/2.1.E.

Persoa interesada: 34272258G.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.