Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22610

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 23 de abril de 2019 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2018/19.

BDNS (Identif.): 452908.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado, legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

Segundo. Obxecto

Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 23 de abril de 2019 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2018/19, publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 552.998 €.

Contía das axudas: ata un máximo do 50 % do custo do servizo de comedor do centro escolar correspondente.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 23 de abril de 2019 no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional