Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo de limpeza dos edificios e instalacións dependentes deste concello.

O Pleno da corporación municipal aprobou en sesión do 28 de marzo de 2019 o expediente de contratación, prego de prescricións técnicas (PPT) e cláusulas administrativas (PCAP) e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación para a contratación do servizo de limpeza dos edificios e instalacións dependentes do Concello de Tui, que se adxudicarán por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, contrato suxeito a regulación harmonizada, con lotes (lote 1: edificios escolares-conservatorio- gardaría; lote 2: resto de dependencias), polo que se publica o anuncio de licitación correspondente nos seguintes termos:

1. Entidade adxudicataria: Concello de Tui. Enderezo: praza do Concello, 1, 36700 Tui (Pontevedra). Teléfono: 986 60 36 25. Fax: 986 60 41 48.

– Tipo de Administración: Administración local.

– Sede electrónica: https://concellotui.sedelectronica.gal

– Sitio web: http://tui.gal (perfil de contratante).

– Perfil de contratante: https://contrataciondelestado.es/wps/portal

2. Código CPV:

Lote 1: 90910000-9 Servizos de limpeza.

Lote 2: 90910000-9 Servizos de limpeza.

3. Lugar de execución: ES114 Pontevedra. Edificios e instalacións dependentes do Concello de Tui, termo municipal de Tui.

4. Obxecto do contrato: servizo de limpeza dos edificios e instalacións dependentes do Concello de Tui, que se adxudicarán por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, contrato suxeito a regulación harmonizada, con lotes (lote 1: edificios escolares -conservatorio-gardaría; lote 2: resto de dependencias).

5. Valor estimado do contrato: 1.290.128,34 €.

– Tipo de licitación total anual do contrato: 371.679,81 €/ano IVE incluído, desagregado en: 307.173,39 €/ano de orzamento base de licitación sen IVE máis 64.506,42 €/ano en concepto de IVE.

– Lote 1: edificios escolares-conservatorio-gardaría:

Orzamento base de licitación:

- Importe: 207.524,14 €/ano.

- Importe (sen impostos): 171.507,55 €/ano.

– Lote 2: resto de dependencias:

Orzamento base de licitación:

- Importe: 164.155,67 €/ano.

- Importe (sen impostos): 135.665,84 €/ano.

6. Admisión de variantes: non.

7. Duración do contrato:

Prazo de execución: 2 anos, con posibilidade de dúas prórrogas dun período máximo dun ano cada unha.

8. Tipo de procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de valoración, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación:

– Criterios valorables de forma automática, comúns para ambos os lotes:

1º. Oferta económica: ata 60 puntos.

Puntuarase con 60 puntos a mellor oferta económica, prezo máis baixo respecto ao importe máximo de licitación por ano sen IVA, segundo a fórmula que se indica no número 19 do anexo I (CCC) do PCAP.

2º. Melloras: ata 40 puntos.

2º.1. Ampliación de horas: ata 35 puntos.

Ampliación de horas do servizo de limpeza dos edificios previstos respecto ao mínimo establecido na cláusula 20 do prego de prescricións técnicas.

Valorarse con ata 35 puntos, de forma proporcional ao incremento de horas de prestación do servizo, segundo a fórmula que se indica no número 19 do anexo I (CCC) do PCAP.

2º.2. Criterios ambientais.

Utilización de todos os produtos de baixo impacto ambiental, que deberán contar con etiqueta ecolóxica europea ou ecoetiqueta. Asignarase un máximo de 5 puntos.

Respecto do criterio ambiental, outorgarase a puntuación automaticamente ao licitador que o oferte.

9. Clasificación e solvencia:

a) Clasificación, de presentación potestativa:

Para cada lote: grupo U, subgrupo 1 (servizos de limpeza), categoría 3.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase polos medios sinalados no número 11 do anexo I (CCC) do PCAP.

10. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Tui-Servizo de Contratación. Teléfono: 986 60 36 25. Fax: 986 60 41 48. Correo electrónico: contratacion@tui.gal

11. Gastos de publicidade: si, máximo de 500 €.

12. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: 21 de maio de 2019. Data de envío ao DOUE: 11 de abril de 2019. Así mesmo, publicarase no Boletín Oficial del Estado, Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e perfil de contratante https://contrataciondelestado.es/wps/portal, sitio web do Concello: http://tui.gal (perfil de contratante).

b) Modalidade de presentación: manual e de conformidade coas cláusulas 23 e 24 do PCAP e número 18 do anexo I (CCC) do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Tui, das 9.00 ás 14.00 horas.

2º. Enderezo: praza do Concello, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Tui, 36700.

4º. Enderezo electrónico: http://concellotui.sedelectronica.gal

Tui, 11 de abril de 2019

Carlos Vázquez Padín
Alcalde