Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22943

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 29 de abril de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante Orde do 21 de febreiro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario de carreira que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lle darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.12.2018; DOG núm. 243, do 21 de decembro)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nome: Mira Fernández, Iván.

Nº rexistro persoal: 3489690624 A0510.

Corpo ou escala: inspectores de Educación.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Código: ED.601.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Localidade: Santiago de Compostela.