Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22941

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 30 de abril e o 6 de maio de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Unha vez revisadas na sesión que tivo lugar o 30 de abril de 2019, as reclamacións presentadas ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, desestímanse na súa totalidade.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal o 28 de marzo de 2019 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acadasen as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas, ata completar o número máximo de 350, sempre que obtivesen un mínimo de 60 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por preguntas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta), e asignouse a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtiveron unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Unha vez feita a corrección en sesión do 6 de maio de 2019, acadou o límite mínimo de 60 respostas un total de 236 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal