Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (987/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 987/2016 por instancia de María Esther Silva Gómez contra Suma Servicios Hostelería, S.L., sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 9 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por María Esther Silva Gómez fronte á empresa Suma Servicios Hostelería, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Suma Servicios Hostelería, S.L. a aboar a María Esther Silva Gómez a cantidade de mil novecentos cincuenta e sete euros con trinta e un céntimos de euro (1.957,31 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que sirva de notificación en forma a Suma Servicios Hostelería, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza