Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (511/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 511/2017 por instancia de María Teresa Fidalgo Pérez contra Deus Creaciones, S.L. sobre DSP, en que recaeu sentenza con data do 9 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Parte resolutiva:

Estímase a demanda interposta por María Teresa Fidalgo López fronte ás empresas Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., así como aos administradores concursales de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L. e Perseo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos de 3 de abril de 2017.

– Condénase a empresa Deus Creaciones, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 27.324 euros determinado o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 37,95 euros diarios. Das ditas cantidades responderá solidariamente as empresas Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., vinculando os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L. e Perseo, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros en la conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe».

Sirva de notificación en forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L. e administracións concursais de todas, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza