Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23098

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións provisionais de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e de galego no procedemento de selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019.

De conformidade co establecido no artigo 5.1 da Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 30 de novembro de 2017, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, e rematado o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das bolsas de interinos, de conformidade coa convocatoria realizada mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019, procede publicar a relación provisional de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e de galego no proceso de selección correspondente, para os efectos de que, se é o caso, se realicen as correspondentes alegacións.

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e de galego no procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019, relativas ás tres subescalas, e publicalas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A.

Segundo. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendaren, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos.

Terceiro. Os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.

Cuarto. So serán admitidas as emendas e reclamacións que os aspirantes realicen desde a carpeta do cidadán habilitada para o efecto na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo http://sede.xunta.gal, no procedemento PR410A.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local