Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23504

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 13/2019, da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xestión Integrada de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 29 de abril de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto:

Xefa/e do grupo de Xestión de Axendas.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.