Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23502

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliar de policía local.

De conformidade co establecido na base 4 da Orde do 25 de marzo de 2019 (DOG núm. 65, do 3 de abril) pola que se convoca proceso selectivo unitario e se aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares de policía local, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 25 de marzo de 2019 (DOG núm. 65, do 3 de abril).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal).

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Segundo. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo correspondente ás probas físicas o día 19 de maio de 2019, ás 15.00 horas, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, r/ Padre Fernando Olmedo, 1, 36071 Pontevedra.

Os aspirantes comparecerán provistos do documento nacional de identidade ou calquera outro documento legal que o substitúa.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada na sede da Agasp e na páxina web da propia academia: http://agasp.xunta.gal, na sección de novas.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

A Estrada, 14 de maio de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos

Nome

Motivo da exclusión

Calvo Bernárdez

Pablo

1

Gamallo Pereiras

Marta

1

Martínez Gundín

Miguel

1

Nunes Silva Lourenço

Hellon

2

Posse Arca

María de la Paz

1

Rodríguez López

Abelardo

1

Causas da exclusión:

1. Non pagou a taxa.

2. Non é español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.