Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23500

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Unha vez ditada a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 26 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 11 de abril, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas, e de conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 30 de novembro de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro de 2017, esta dirección xeral

DISPÓN:

Nomear o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, coa composición que se relaciona a continuación.

Tribunal titular:

Presidencia:

– Ascensión Labella Lozano, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Fernando Iglesias Quintela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Manuel Martínez Varela, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Ana Beatriz Oveja Villafane, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– María Baleato González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

–Raquel Bahillo Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

–Marta López Quintás, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

–José Villán Fuertes, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

––Carlos Piñeiro Sarmiento, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

–Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local