Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23486

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2019 pola que se dá publicidade á resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 11 de decembro de 2018 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 4, do 7 de xaneiro de 2019).

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2018 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, medida 7 (actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboacións nas zonas rurais).

En virtude do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de resolución de concesión de subvencións poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade das subvencións outorgadas.

De acordo con todo o anterior, dentro do prazo fixado na norma reguladora da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución do 7 de maio de 2019 pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa, destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 11 de decembro de 2018 deste mesmo órgano (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2018), na páxina www.inega.gal ou (http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/energiasrenovables/2019/ficha_renovables2019_0002.html).

Segundo. Contra a Resolución do 7 de maio de 2019, que non esgota a vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia