Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23940

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3882/2018-M).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3882/2018 M

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 897/2016 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3882/2018 desta sección, seguido por instancia de Lidia Canle López contra Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo E Enfermidades Profesionais número 61, Novo Pelamios, S.L. (A/A Andrés Anido Amado), sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, estimando o recurso de suplicación interposto por Lidia Canle López contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, do 23 de maio de 2018, e con revogación parcial da súa resolución, debemos declarar a responsabilidade da empresa Novo Pelamios, S.L. sobre a cantidade reclamada en concepto de diferenzas do aboamento na prestación de incapacidade temporal en contía de 2.840,52 euros, de cuxo aboamento responderá a Mutua Fremap de accidentes de traballo en concepto de anticipo e sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a mercantil Novo Pelamios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza