Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23942

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 328/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza nº 79/2018.

Xuízo verbal 328/2018.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Auto-Mel, S.A.

Demandada: Etega, S.A. (en rebeldía procesual).

Obxecto: reclamación de cantidade.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018.

Resolvo:

Estimo integramente a demanda presentada por Auto-Mel, S.A. contra Etega, S.A. e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.997,31 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de interposición da demanda, con aplicación do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) desde a data da sentenza.

Todo isto con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coa indicación de que esta é firme e que contra ela non se poderá interpor recurso de apelación, ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, ao terse ditado en xuízo verbal por razón da contía e non superar esta a contía de 3.000 euros (artigo 455 da LAC).

Expídase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza. María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Etega, S.A., expídese este edicto co fin de que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza