Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24317

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).

BDNS (Identif.): 455511.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións.

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

En función do tipo de axuda solicitada, poderán ser beneficiarias as seguintes persoas:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A).

a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, non teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2019 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (incorporación de persoas mozas á actividade agraria, procedemento MR404A).

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de corenta e dous millóns de euros (42.000.000), repartido en:

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedementos MR405A), vinte e cinco millóns de euros (25.000.000).

– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A), catorce millóns de euros (14.000.000).

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B), tres millóns de euros (3.000.000).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias