Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24320

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

CORRECIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 89, do 10 de maio de 2019, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no anexo II. Requisitos específicos das persoas solicitantes, na páxina 22644:

Onde di:

«– Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos,…».

Debe dicir:

«– Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos,…».