Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24740

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2019 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de maio de 2018, polo que se autoriza a Consellería do Medio Rural para a concesión de subvencións aos consellos reguladores das denominacións de calidade para gastos de funcionamento.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Dar publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de maio de 2018, polo que se autoriza a Consellería do Medio Rural para a concesión de subvencións aos consellos reguladores das denominacións de calidade para gastos de funcionamento, que figuran como anexo desta resolución. As ditas axudas foron aprobadas con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.713D.481.1 (gastos de funcionamento dos consellos reguladores); proxecto 2012 00770; cun crédito orzamentario para o ano 2018 de 480.000,00 €.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Expediente

Beneficiario

NIF

Subvención (€)

GF-001-2018

CR IIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Q8255200A

28.000,00

GF-004-2018

CRIXP Pataca de Galicia

Q7755068I

28.000,00

GF-005-2018

CRIXP Mel de Galicia

V15211303

28.000,00

GF-012-2018

CRDOP Queixo Tetilla

Q8655602D

28.000,00

GF-015-2018

Craega

V27218643

28.000,00

GF-016-2018

CRDOP Cebreiro

G27152446

28.000,00

GF-017-2016

CRIXP Castaña de Galicia

V70206974

28.000,00

GF-006-2018

CRIXP Pan de Cea

V32321481

19.300,00

GF-007-2018

CRDOP San Simón da Costa

V27152925

19.300,00

GF-008-2018

CRDO Ribeiro

Q8255201I

19.300,00

GF-009-2018

CRDO Valdeorras

Q8255004G

19.300,00

GF-011-2018

CRDO Ribeira Sacra

G27196575

19.300,00

GF-013-2018

CRIXP Carne de Vacún de Galicia

Q1500342I

19.300,00 €

GF-014-2018

CRDOP Arzúa-Ulloa

Q1500343G

19.300,00

GF-018-2018

CRIXP Grelos de Galicia

Q2701019H

19.300,00

GF-002-2018

CRDO Monterrei

Q8255203E

19.300,00

GF-003-2018

CRIXP Lacón Gallego

V27215813

16.075,00

GF-019-2018

CRIXP Faba de Lourenzá

Q2701013A

16.075,00

GF-020-2018

CRDOP Pemento de Herbón

Q1500357G

16.075,00

GF-022-2018

CRIXP Tarta de Santiago

Q1500362G

16.075,00

GF-021-2018

CRDOP Pemento do Couto

Q1500366H

11.500,00

GF-023-2018

CRIXP Pemento da Arnoia

Q3200121F

11.500,00

GF-024-2018

CRIXP Pemento de Oímbra

Q1500406B

11.500,00

GF-025-2018

CRIXP Pemento de Mougán

Q2701029G

11.500,00