Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24738

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 17 de decembro de 2018 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 6, do 9 de xaneiro, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O financiamento da convocatoria correspondese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 %.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (11.2.2019), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética atendendo a totalidade das solicitudes en cada unha das epígrafes da convocatoria

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, redistribuíndose do seguinte xeito:

Axudas á auditorias enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia:

Distribución por liña de axuda

Dotación
orzamentaria inicial

Modificacións

Dotación
orzamentaria final

AE-Auditorías enerxéticas

100.000,00

-85.000,00

15.000,00

SX-Implantación sistemas de xestión

100.000,00

-100.000,00

0,00

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

3.064.249,00

-165.000,00

2.899.249,00

PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

500.000,00

350.000,00

850.000,00

Total

3.764.249,00

0,00

3.764.249,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia