Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24736

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15.2.2016), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Data sinatura

Importe €

2019

2020

2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para o impulso do asociacionismo no sector turístico de Galicia

1.3.2019

33.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación, difusión e promoción da marca Q de calidade turística no sector turístico de Galicia

11.3.2019

150.000 €

150.000 €

150.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico

11.3.2019

500.000 €

500.000 €

500.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración da 20ª edición de Xantar, salón internacional de turismo gastronómico

25.1.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cortegada para a rehabilitación da edificación «Baños de Cortegada»

18.1.2019

400.000 €

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Turismo de Galicia e Abanca para a promoción e fomento das festas de interese turístico da comunidade autónoma

14.2.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos de Allariz e Vilar de Santos para o desenvolvemento e explotación do produto turístico Centro BTT Allariz-Vilar de Santos

1.3.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

29.4.2019

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da Feira do Cocido de Lalín.

29.4.2019

25.000 €