Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24733

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019 pola que se convoca un curso básico de auxiliares de policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2019 no plan de formación aprobado polo seu Consello Reitor, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso básico de auxiliares de policía local, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: básico de auxiliares de policía local.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 30.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

Dotar os auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función como auxiliares temporais dos corpos de policía local.

Contido:

– Intervención policial.

– Tráfico e seguridade viaria.

– Policía administrativa.

– Primeiros auxilios.

– Aplicacións policiais básicas do dereito penal e procesual-penal.

– Relacións co cidadán.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Persoal seleccionado e proposto polos concellos, que puidera prestar servizo como auxiliar de policía local de forma temporal, de acordo co previsto nos artigos 47 a 48 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

Persoal seleccionado dentro do proceso selectivo unitario que desenvolve a Agasp dentro dos convenios asinados cos concellos.

Persoal integrante da lista de contratación creada no ano 2018 ao abeiro do proceso selectivo unitario e que o curso realizado fose anterior ao ano 2016.

Para estes efectos, como se recolle no artigo 48.2 do citado decreto, non terán a obrigación de facer o curso, as persoas que o superaron nos últimos 4 anos, é dicir, a partir do ano 2016.

Prazas ofertadas:

Sen límite.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación:

O prazo para de inscrición e presentación de solicitudes de participación comenzará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de maio de 2019.

Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito asinado polo/a alcalde/esa á Academia Galega de Seguridade Pública (avda. da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax 886 20 61 22), no cal figure a lista de persoas seleccionadas segundo o artigo 47 do Decreto 243/2008, para efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

O día 31 de maio de 2019 a Academia Galega de Seguridade publicará no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación recibidas que cumpran os requisitos anteriores.

4. Desenvolvemento da actividade.

Presentación: as persoas admitidas a este curso deberán presentarse ás 9.00 horas do día 3 de xuño de 2019.

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario lectivo: das 9.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 20.30 horas.

Datas: os días 3, 4 e 5 de xuño.

Certificado de superación do curso:

Ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela, e superen as probas que se determinen, se é caso.

5. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 15 de maio de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública