Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 247/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 247/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tomás Baliña Míguez contra María Victoria Afonso Castro, Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto

Letrada da administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada María Victoria Afonso Castro en situación de insolvencia total por importe de 712,28 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 71,22 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme esta resolución, inscribila no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de María Victoria Afonso Castro, insírase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza