Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24760

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 762/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pilar Couselo Figueiras contra Lavandería Tintorería 2000, S.L., Carrial, S.C., Yolanda Rial Enjo, Diego Carril González, Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento obxectivo individual 762/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Lavandería Tintorería 2000, S.L. e Diego Carril González, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 24 de junio de 2019, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala 1, edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Citar a Lavandería Tintorería 2000, S.L. co fin de practicar a proba de interrogatorio de parte no seu representante legal, apercibíndoo de que, de non comparecer, poderá ser tido por confeso na sentenza (artigo 91.2 LXS).

Para tal fin, faise saber que, se se trata de persoa xurídica, o interrogatorio deberá respondelo o seu representante en xuízo, sempre e cando interviñese nos feitos controvertidos. No caso contrario, tal circunstancia deberá alegarse con suficiente antelación ao acto do xuízo, identificando a persoa que interveu en nome da entidade, para a súa citación ao xuízo. Se tal persoa non forma parte xa da entidade, poderá solicitar que se lle cite en calidade de testemuña. Apercíbese de que, en caso de non cumprir o anteriormente sinalado ou non identificar a persoa interveniente nos feitos, iso poderá considerarse como resposta evasiva e terse por certos os feitos a que se refiran as preguntas.

Así mesmo, acordouse requirir a Lavandería Tintorería 2000, S.L. para que achegue no día e hora indicados os seguintes documentos: contratos de traballo da demandante desde o inicio da relación laboral; nóminas do último ano traballado pola demandante no dito centro empresa; carta de despedimento ou comunicación de terminación de contrato; liquidación da demandante e indemnización aboada a esta; relación nominal de traballadores da empresa do ano 2016 no dito centro de traballo sito na r/ Pedregal, nº 6, 15220 Bertamiráns (Ames).

Para tal efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LXS).

E para que sirva de citación a Lavandería Tintorería 2000, S.L. e a Diego Carril González, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza