Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 754/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 754/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Santamaría Sampedro contra Enade Gestión, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Santiago de Compostela, once de marzo de dous mil dezanove.

Elena Quella Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente despedimento obxectivo individual 754/2018 por instancia de María José Santamaría Sampedro, que comparece representada por Marisol Romero Salgado contra Enade Xestión, S.L., que non comparece malia constar citado en legal forma, e Fogasa non comparece malia constar citado en legal forma, en nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza:

Sentenza:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola representación procesual da parte demandante fronte á demandada e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandada efectuado con data de efectos 14 de setembro de 2018, e ante a imposibilidade de readmisión declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 2.858,41 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Enade Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza