Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 24887

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 14 de maio de 2019 pola que se aproba a relación de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas para a estadía e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019.

No Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 2 de abril de 2019, publícase a Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 e se realiza a súa convocatoria. O número de plazas convocadas ascende a 700 e a súa distribución por balnearios correspóndense co establecido no anexo IV da convocatoria.

A resolución correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, segundo o disposto no artigo 13 da dita orde.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 13.3 e 16 da referida Orde do 25 de marzo de 2019, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos de notificación. Tamén será publicada na páxina web da Consellería de Política Social no enderezo http://www.xunta.gal/politica-social

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación da Resolución do 14 de maio de 2019 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas nos balnearios e quendas mencionados para o ano 2019, tamén na páxina web http://www.xunta.gal/politica-social

Do total de prazas convocadas resultan adxudicadas as prazas indicadas no anexo.

O texto completo non se publica no Diario Oficial de Galicia na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución para que as persoas interesadas que se acrediten como tal ou os seus representantes comparezan para consultar a dita resolución nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, Subdirección Xeral de Dependencia e Valoración da Discapacidade, situada no edificio administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Segundo. A adxudicación de prazas vacantes con posterioridade á resolución realizarase, se é o caso, conforme o disposto no artigo 16 da orde de convocatoria.

Terceiro. A concesión da praza adxudicada queda condicionada á obriga por parte das persoas beneficiarias de confirmar por escrito a súa aceptación xunto co xustificante de pagamento da cantidade de 30 euros que, en concepto de reserva, se deba facer efectiva no balneario asignado no prazo indicado na resolución de concesión.

Cuarto. A Resolución do 14 de maio de 2019 pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao fin do prazo de dez días establecido no punto primeiro, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao prazo de dez días mencionado, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Destinos

Datas e quendas

Núm. de prazas ocupadas

Balneario de Acuña (Caldas de Reis)

Do 18 ao 27 de xuño

10

Do 10 ao 19 de setembro

10

Caldaria Termal, S.L.U. Arnoia

Do 5 ao 14 de xuño

28

Hotel Balneario Augas Santas, S.L.U. (Ferreira de Pantón)

Do 3 ao 12 de xuño

20

Do 24 de xuño ao 3 de xullo

20

Do 16 ao 25 de setembro

20

Os Baños da Brea (Vila de Cruces)

Do 1 ao 9 de xullo

10

Do 23 de xullo ao 1 de agosto

4

Do 2 ao 11 de agosto

10

Balneario de Molgas, S.L. (Baños de Molgas)

Do 19 ao 28 de xuño

10

Do 1 ao 10 de xullo

10

Do 19 ao 28 de agosto

10

Balneario de Caldelas, S.L. (Tui)

Do 10 ao 19 de xullo

26

Gran Balneario de O Carballiño (O Carballiño) (con aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño)

Do 18 ao 27 de setembro

60

Baños Vellos de Carballo, S.A. (Carballo)

Do 18 ao 27 de xullo

9

Do 31 de xullo ao 9 de agosto

8

Do 24 de agosto ao 2 de setembro

15

Do 5 ao 14 de setembro

18

Do 18 ao 27 de setembro

38

Do 11 ao 20 de outubro

10

Termas de Cuntis, S.L. (Cuntis)

(con aloxamento no Hotel Castro do Balneario)

Do 27 de maio ao 5 de xuño

28

Do 5 ao 14 de xuño

6

Do 17 ao 26 de xuño

6

Do 27 de xuño ao 6 de xullo

34

Do 8 ao 17 de outubro

26

Caldaria Termal, S.L.U. Laias (Cenlle)

Do 9 ao 18 de xullo

25

Lobios (con aloxamento no Hotel Lusitano)

Do 12 ao 21 de xuño

20

Balneario do Río Pambre, S.L. (Palas de Rei)

Do 21 ao 30 de xuño

8

Do 3 ao 12 de xullo

10

Do 14 ao 23 de xullo

8

Balneario Termas de Lugo, S.L. (Lugo)

Do 17 ao 26 de xuño

20

Do 26 de xuño ao 5 de xullo

20

Do 5 ao 14 de xullo

18

Do 29 de xullo ao 7 de agosto

8

Do 19 ao 28 de agosto

16

Do 29 de agosto ao 7 de setembro

10

Mondariz (Mondariz Balneario)

Do 9 ao 18 de xuño

10

Do 11 ao 20 de xullo

10

Do 1 ao 10 de agosto

9

Do 22 de setembro ao 1 de outubro

10

Do 17 ao 26 de outubro

10

Do 27 de outubro ao 5 de novembro

10