Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 24890

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano en curso.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación de Cineclubs de Galicia para a colaboración na programación cinematográfica dos cineclubs galegos.

25.000,00

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Músicos ao Vivo para o desenvolvemento de accións relacionadas coa sexta edición dos Premios Martín Códax da Música.

18.000,00

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Academia Galega do Audiovisual para a realización conxunta de actividades relacionadas coa XVII edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo.

50.000,00

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ames para a programación na Casa da Cultura de Milladoiro e na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

18.249,50

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Rúa para a programación no Centro Cultural Avenida (A Rúa), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

7.119,60

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Arteixo para a programación no Centro Cívico Cultural (Arteixo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

8.464,50

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Boiro para a programación na Casa da Cultura Ramón Martínez López (Boiro), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

7.011,00

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Lalín para a programación no Salón Teatro (Lalín), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

6.534,50

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Muros para a programación no Centro Cultural Xuvenil (Muros), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

13.940,40

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Narón para a programación no Auditorio Municipal e Pazo da Cultura (Narón), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

38.487,95

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Entidade Auditorio de Galicia para a programación no Teatro Principal (Santiago de Compostela), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

32.451,77

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ortigueira para a programación no Teatro da Beneficencia (Ortigueira), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

3.541,20

3.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vimianzo para a programación no Auditorio-Casa da Cultura (Vimianzo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

8.311,80

3.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Noia para a programación no Teatro Coliseo Noela (Noia), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

7.279,50

4.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ponteareas para a programación no Auditorio Aureliano Soutullo (Ponteareas), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

11.313,05

4.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cedeira para a programación no Auditorio Municipal (Cedeira), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

12.649,80

8.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello do Barco de Valdeorras para a programación no Teatro Municipal Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

8.962,75

8.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Oleiros para a programación no Auditorio Gabriel García Márquez (Oleiros), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

7.160,00

8.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Burela para a programación na Casa da Cultura (Burela), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

11.089,98

10.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Carballo para a programación no Pazo da Cultura (Carballo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

25.784,40

10.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cee para a programación no Auditorio Casa da Cultura (Cee), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

5.561,40

10.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Sada para a programación na Casa da Cultura Pintor Llorens (Sada), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

10.320,65

10.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Deputación Provincial de Ourense para a programación no Teatro Principal (Ourense), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

9.819,80

11.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Estrada para a programación no Teatro Principal (A Estrada), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

8.352,80

14.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cambados para a programación no Auditorio Municipal da Xuventude (Cambados), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

7.432,50

14.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ferrol para a programación no Teatro Jofre (Ferrol), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

8.144,60

14.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Monforte de Lemos para a programación no Edificio Multiúsos (Monforte de Lemos), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

8.014,15

14.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Redondela para a programación no Multiúsos da Xunqueira (Redondela), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

10.727,00

15.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ribadeo para a programación no Auditorio Municipal Hernán Naval (Ribadeo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

14.537,20

16.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Tui para a programación no Teatro Municipal (Tui), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

7.474,50

16.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Entidade Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra para a programación no Pazo da Cultura e Teatro Principal (Pontevedra), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

26.009,90

18.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello das Pontes de García Rodríguez para a programación no Auditorio Municipal Cine Alovi (As Pontes de García Rodríguez), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

5.883,20

22.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Betanzos para a programación no Aula Municipal de Cultura (Betanzos), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

4.434,00

22.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Fórum Metropolitano (A Coruña), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

11.429,30

22.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

32.581,70

22.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello do Carballiño para a programación no Auditorio Municipal Manuel María (O Carballiño), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

9.009,50

25.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Foz para a programación na Sala Bahía (Foz), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

3.046,80

30.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Lugo para a programación no Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

12.000,00

30.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cangas para a programación no Auditorio Municipal (Cangas), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

7.517,50

1.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Viveiro para a programación no Teatro Pastor Díaz (Viveiro), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

8.980,25

2.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ourense para a programación no Auditorio Municipal-Pazo de Congresos (Ourense), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

23.359,00

4.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a programación no Auditorio Municipal (Vilagarcía de Arousa), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no primeiro semestre de 2019.

9.208,40

7.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) para a realización conxunta de actividades de dinamización, promoción e formación no ámbito da actividade escénica profesional en 2019.

20.000,00

20.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Cineclube Padre Feijoo para a colaboración na difusión de produción audiovisual na cidade de Ourense en 2019.

12.500,00

25.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Clube Cultural Valle-Inclán para a colaboración na difusión de produción audiovisual na cidade de Lugo en 2019.

12.500,00

25.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Cineclube Lumière Vigo para a colaboración na difusión de produción audiovisual na cidade de Vigo en 2019.

12.500,00

25.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Cineclube Pontevedra para a colaboración na difusión de produción audiovisual na cidade de Pontevedra en 2019.

12.500,00

25.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) para o desenvolvemento de actividades de divulgación e realización de encontros profesionais no ámbito audiovisual en 2019.

16.000,00

26.2.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a avaliación da edición 2019 de festivais de música referentes a Galicia.

62.000,00

8.3.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación Galega de Bandas de Música para o desenvolvemento de actividades relacionadas co IV Festival de Bandas de Infantís e Xuvenís de Galicia.

28.060,00

12.3.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación de Amigos da Ópera da Coruña para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa produción da ópera Don Giovanni, de Mozart.

150.000,00

11.4.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación Galega de Bandas de Música para o desenvolvemento de actividades de promoción e difusión da música bandística en 2019.

90.000,00

17.4.2019

Convenio marco de colaboración entre a Fundación Cultural Oficina Media España e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais para a súa continuidade no seu padroado.

10.000,00

30.4.2019