Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25038

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO de apelación (62/2019).

Eu, Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección 6 de Audiencia Provincial de Pontevedra, polo presente fago constar que na peza de apelación 62/2019, dimanante do ordinario 424/2017 do Xulgado de Primeira Instancia número 11 de Vigo, en que é demandante Duarte F.I. e demandados Coproim e Fiatc, esta sección ditou sentenza o 25 de abril de 2019, que desestima o recurso de apelación interposto por Duarte F.I. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 11 de Vigo, cuxo texto íntegro se atopa nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación por interese casacional e/ou extraordinario por infracción procesual, que debe interpoñerse no prazo dos 20 días hábiles seguintes á notificación, por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador que se presentará ante esta sección (artigos 477 e 479 LAC).

Para que conste e a súa publicación en DOG, co fin de que sirva de notificación a Coproim, S.L., cuxo domicilio se descoñece, expido e asino o presente.

Vigo, 30 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza